Pavón, Mar

A vella Lulula / Mar Pavón - 1ª ed. - Pontevedra : OQO , 2010 - [44] p. : il. cor ; 24 cm

Despois de almorzar, fregar a louza e cepillar o único dente que lle quedaba saíu coma un foguete cara á pía que había no patio da súa casa. Lulula decide lavar a roupa e colgala a secar no patio, a pesar do agoiro de tormenta. A protagonista deste conto representa a esas mulleres de idade que non se renden e están cheas de enerxía. Divertido relato acumulativo no que a través do xogo e a adiviña se resolve que o importante non é oír, senón saber escoitar e sobre todo mirar.


Lulula enxaboou e refregou

o seu camisón de algodón,

a súa bata de seda,

as medias de punto,

a súa saia de pana,

a súa blusa de liño,

o mantón de la,

e as súas luvas de felpa.

1º-2º Primaria 4º-5º-6º Educación Infantil

9788498712506

--Mulleres--Avoas--Conto acumulativo--Roupa--Humor

82-N

Coa tecnoloxía Koha