Desde o verán pasado, os xemelgos Elsie e Simón non saben nada de Alice, a súa estrafalaria veciña cineasta coa que viviron emocionantes aventuras de película. Mais é posible que iso cambie o día que van de excursión co cole ao Festival de Cans. Ficción e realidade, «jalpóns» e chimpíns, son os ingredientes perfectos para que se produza o reencontro. Que aventuras estarán a agardar por eles dentro da pantalla?
3º-4º Primaria
5º-6º Primaria
1º-2º ESO