¿Quen pode vencer o vento? / texto de Charo Pita ; ilustracións de Marion Arbona.
por Pita, Charo (; Arbona, Marion; Pita, Charo (1966-)
.
Tipo: 


Tipo de ítem | Localización actual | Sinatura topográfica | Número de volume | Dispoñibilidade | Notas | Data de vencemento | Código de barras | Datos do exemplar |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Prestable | CEIP Terra Chá Sala préstamo | 82-n PIT que | Dispoñible | LEC050000001169 |
|
Hai moito tempo,os seres humanos vivían en poboados e cultivaban a terra. Os animais salvaxes tamén participaban nos traballos do campo: o león, a hiena, o elefante, a lebre, a gacela, o mono, a tartaruga, mesmo a curuxa, que era a máis vella de todos. Un ano houbo una seca enorme. A calor e o po invadían todo. No ceo non había nubes e a colleita estaba a piques de estragarse. Co fin de evitar a desgraza que se aveciñaba nos seus campos, os habitantes do lugar invocaban o vento para que trouxese a choiva, pero o vento non respondía. Unha noite, a curuxa convocou a todos os animais e decidiron ir na súa busca. O primeiro en ir foi o león, pero non o conseguiu. Tampouco a hiena nin a lebre. Desmoralizados, non sabían a quen enviar. A tartaruga, o animal máis lento da chaira, ofreceuse e finalmente conseguiu, con paciencia e teimosía, traer ao vento que, á súa vez, trouxo a choiva. Así, ese ano tiveron unha boa colleita. Quen pode vencer o vento? é un relato que atesoura os coñecementos ancestrais e convídanos revivir valores, se non esquecidos, talvez deixados de lado na actualidade.
1º-2º Primaria