A guerra dos números / texto e ilustracións de Juan Darién
por Darién, Juan.
Tipo: PartituraSeries: COLECCIÓN O.Editor: Pontevedra :OQO Editora ,2009 Edición: 1ª ed.Descrición: [53] p :il. cor ;28cm.ISBN: 9788498711547.Materia(s): PAZ -- Cuentos | NUMEROSResumo: UN era un número moi pequeno. Sempre estaba só e sentía envexa dos demais, que tan superiores lle parecían. Un día, o Rei Menos deulle os planos para construír unha arma terrible: o Signo MENOS. Facendo un uso simbólico e metafórico da operación matemática de restar, Juan Darién achéganos á loucura das guerras orixinadas por mor da crenza, de que todo aquilo que é diferente supón unha ameaza. Esta obra dedícase a desarmar semellante falacia e pon o acento en afirmar que o coñecemento dos outros enriquece e engrandece: non resta, suma. Darién fai unha proposta iconográfica de marcada ambientación bélica a través dunha técnica de representación —colaxe dixital— de estrutura simple e formas primarias, multiplicadas baixo os efectos dun tratamento plástico-construtivo tan elemental como efectivo desde o punto de vista cromático. Un conto para a paz que manexa conceptos como o da escravitude, o abuso, a resolución de conflitos..., pero tamén unha ferramenta didáctica para se familiarizar con códigos e procesos matemáticos. Para iso, faise uso dun expresivo xogo tipográfico reservado aos personaxes principais, o que reforza a comprensibilidade dunha proposta que tenta tamén achegar conceptos matemáticos a lectores pouco avanzados e que, en calquera caso, nos permitirá gozar dunha disciplina que se vai comprendendo a medida que se fai uso dela. E todo nun envoltorio repleto de valores universais como a liberdade, a paz, e o respecto aos demais e á diferenza.Tipo de ítem | Localización actual | Sinatura topográfica | Número de volume | Dispoñibilidade | Notas | Data de vencemento | Código de barras | Datos do exemplar |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Prestable | CEIP Terra Chá Sala préstamo | 82-n DAR gue | Dispoñible | LEC050000000706 |
|
Premio de ilustración 2008
UN era un número moi pequeno. Sempre estaba só e sentía envexa dos demais, que tan superiores lle parecían. Un día, o Rei Menos deulle os planos para construír unha arma terrible: o Signo MENOS. Facendo un uso simbólico e metafórico da operación matemática de restar, Juan Darién achéganos á loucura das guerras orixinadas por mor da crenza, de que todo aquilo que é diferente supón unha ameaza. Esta obra dedícase a desarmar semellante falacia e pon o acento en afirmar que o coñecemento dos outros enriquece e engrandece: non resta, suma. Darién fai unha proposta iconográfica de marcada ambientación bélica a través dunha técnica de representación —colaxe dixital— de estrutura simple e formas primarias, multiplicadas baixo os efectos dun tratamento plástico-construtivo tan elemental como efectivo desde o punto de vista cromático. Un conto para a paz que manexa conceptos como o da escravitude, o abuso, a resolución de conflitos..., pero tamén unha ferramenta didáctica para se familiarizar con códigos e procesos matemáticos. Para iso, faise uso dun expresivo xogo tipográfico reservado aos personaxes principais, o que reforza a comprensibilidade dunha proposta que tenta tamén achegar conceptos matemáticos a lectores pouco avanzados e que, en calquera caso, nos permitirá gozar dunha disciplina que se vai comprendendo a medida que se fai uso dela. E todo nun envoltorio repleto de valores universais como a liberdade, a paz, e o respecto aos demais e á diferenza.
4º-5º-6º Educación Infantil
1º-2º Primaria