000 02742nam a2200253 i 4500
008 171128s2006 sp g glg
017 _a84-96573-53-2
020 _a9788496573536
024 _a9788496573532
080 1 _a82-N
100 _aPresunto, Ana
_eaut
_924455
245 0 _aBóla de manteiga
_c/ Ana Presunto
250 _a1ª ed.
260 _aPontevedra
_b:OQO
_c,2006
300 _a44 p.
_b:il. cor
_c;24cm
520 3 _aEra unha vez un neno comellón, que pasaba o día a xogar. Un día petou na porta da súa casa unha bruxa cun saco, que viña coa intención de levalo… Na literatura europea podemos atopar moitas clases de bruxas. A súa natureza e funcións difiren segundo a época histórica, a clase social, a localización xeográfica… porén, todas presentan certos trazos recorrentes nas distintas tradicións, como a sabedoría e os poderes de orixe sobrenatural. Aínda que nun principio, estas antigas crenzas da vella Europa, poidan ser a causa do pulo desta figura dentro da literatura infantil, o certo é que a bruxa —quizais tamén por ser unha personaxe que estimula a fantasía e a imaxinación— chegou ata os nosos días convertida nun fetiche lúdico, e arestora aparece tanto nos contos tradicionais como nas novas creacións literarias. En Bóla de Manteiga acharemos moitos dos elementos propios dos relatos populares europeos, como por exemplo, as repeticións típicas dos contos infantís e o ritmo trepidante da acción. A teimosía da bruxa por conseguir o seu propósito non coñece límites. Por tres veces, trata de enganar a Bóla de Manteiga, ofrecéndolle agasallos tentadores, e ata tres veces cae o cativo na trampa da bruxa: o saco, un obxecto cunha gran carga simbólica. Nada semella máis arrepiante que caer no saco da bruxa; pero o espelido rapaz, con astucia, logrará fuxir do perigo en todas as ocasións. Finalmente, será a bruxa, a que acabe abrasada no caldeiro, co que a personaxe perversa ficará burlada e enganada, vítima do seu propio castigo. Este conto tradicional noruegués tamén se localiza con pequenas variantes noutras literaturas europeas. Relaciónase sobre todo co Pierino Pierone, recompilado por Calvino nos seus contos populares italianos, e segundo o propio Calvino e outros estudosos do folclore europeo, algúns dos contos catalogados como noruegueses, na realidade, son contos que chegaron a ese lugar, da man das vendedoras de froita italianas.
521 _aINF456
_aPRI12
650 _a1º Ciclo e Infantíl
_9114275
650 _aCuento noruego
_9119941
700 _aSuarez, Iván
_eill
_91683
856 _uhttps://oqo.es/gl/produto/bola-de-manteiga/
997 _e2